Carlos Oroza presenta o seu último libro no Museo

Actualizado 25/06/2013 09:27

museo de pontevedra

Évame é o título do libro de poemas de Carlos Oroza que se presentará o xoves 27 de xuño ás 20 h no auditorio do Sexto Edificio, nun acto presidido pola deputada de Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo. Intervirán, ademais do propio poeta, o editor Javier Romero, o profesor Julio Alonso, o pintor Amando González e o director do Museo, José Carlos Valle Pérez.

Durante o acto Carlos Oroza leerá algún poema inédito e recitarase poesía de García Lorca con acompañamento de guitarra.

A entrada é libre.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra