Noites de Música Antiga nas Ruínas de San Domingos

Actualizado 09/07/2013 09:18

museo de pontevedra

Os días 12 e 13 de xullo, ás 22:00 horas, celebrarase a quinta edición do ciclo de concertos Noites de Música Antiga nas Ruínas de San Domingos que organiza o Museo de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar aforo. Coma en anos anteriores, no caso de que as inclemencias do tempo non permitan a celebración dos concertos nas Ruínas, trasladarase esta ó Sexto Edificio do Museo na rúa Padre Amoedo, 3.

O venres 12 de xullo actuará o Trío Assai (ver programa)

O sábado 13 de xullo farao o Cuarteto Medieval Musicantes (ver programa)

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra