Presentación de El último Pasajero

Actualizado 16/07/2013 12:44

museo de pontevedra

O venres 19 de xullo ás 20 h terá lugar no Sexto Edificio a presentación de El último pasajero, a nova novela do escritor pontevedrés Manel Loureiro, autor que xa alcanzou un grande éxito coa súa triloxía Apocalipsis Z.

Trátase dunha novela de misterio na que un esquivo home de negocios investiga e repite paso a paso a última viaxe dun gran transatlántico chamado Valkirie que aparecera á deriva no océano Atlántico en 1939 sen tripulación nin pasaxeiros, salvo un bebé. Manel Loureiro naceu en Pontevedra en 1975. É avogado, presentador de televisión, guionista e escritor. Colabora con varios medios de prensa e televisión galegos, co diario ABC e a Cadena SER.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra