Visitas nocturnas ó Museo

Actualizado 19/07/2013 13:53

museo de pontevedra

Estas visitas guiadas por membros do Gabinete Didáctico queren achegar ó Museo a todas aquelas persoas que desexen iniciarse no coñecemento da súa historia e das súas coleccións a través dun percorrido polos seis edificios que o compoñen, a unha hora moi agradable para desprazarse entre eles.

O itinerario parte das Ruínas de San Domingos ás 21:00 h e conclúe no Sexto Edificio ás 23:00 h, despois de gozar dende a terraza do seu último andar dunha fermosa visita da parte vella da cidade.

Os días que se celebran estes itinerario son o 2, 23 e 30 de agosto e o 13, 20 e 27 de setembro.

A participación é gratuíta pero é preciso inscribirse previamente, indicado o día escollido, chamando en horario de mañá ó teléfono 986 804 100, extensión 42413 ou a través do correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es.

As persoas que o desexen poderán completar este itinerario de iniciación con outras visitas máis específicas que se realizan noutros momentos.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra