Un paseo entre as pedras

Actualizado 26/07/2013 12:49

museo de pontevedra

É o título da serie de visitas comentadas á exposición Luna Azul de Manolo Paz que se realizarán os martes e xoves ás 19:30 h a partir do martes 30 de xullo.

O percorrido consistirá nun paseo entre as obras de Manolo Paz intentando transmitir a esencia da súa linguaxe creativa, as particularidades das obras expostas e sobre todo, unha orientación á hora de experimentar a arte contemporánea a través dun dos máis importantes artistas do panorama actual galego.

Nesta iniciativa os membros do Gabinete Didáctico contaron coa colaboración do artista, que xenerosamente lles brindou parte do seu tempo compartindo algunhas reflexións sobre as obras que configuran a exposición Luna Azul. Agora eles queren compartir co público as devanditas reflexións e enriquecelas coa súa colaboración.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra