Arte rupestre en Galicia

Actualizado 26/07/2013 13:03

museo de pontevedra

O martes 30 de xullo de 2013 ás 20 h no salón de actos do Sexto Edificio terá lugar a presentación da guía Arte rupestre en Galicia. Intervirán os seus autores: Buenaventura Aparicio Casado, Fernando Carrera Rámirez e Antonio de la Peña Santos, así como Cándido Meixide, editor de Edicións do Cumio e Xosé Carlos Valle Pérez, director do Museo.

A guía está concibida para achegar ó lector de forma amena e sinxela á arte rupestre galega plasmada no interior das cámaras funerarias dos megálitos e nos gravados ó aire libre.

Nela, ademais dos datos referentes á localización, mapas de situación, debuxos e fotografías de cada enclave, faise un comentario explicativo e outro antropolóxico.

Os seus autores teñen unha ampla experiencia na investigación e divulgación da arte rupestre.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra