Presentación da revista Plastic Crowds

Actualizado 29/07/2013 14:13

museo de pontevedra

O xoves 1 de agosto ás 20:00 h terá lugar no salón de actos do Sexto Edificio a presentación da revista Plastic Crowds, publicación cuadrimestral de creación e investigación artística editada en dúas versións bilingües (galego-francés e castelán-inglés).

Plastic Crowds está realizada por un colectivo artístico multidisciplinar que busca levar a cabo propostas de colaboración nas que todos os membros interactúen desde os distintos puntos de vista de cada profesión (artistas, poetas, músicos, arquitectos, deseñadores, historiadores da arte, fotógrafos, etc.)

Neste primeiro número abórdanse as políticas culturais, concretamente as burbullas que tan presentes están na nosa vida cotiá.

Máis información.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra