Moda e arte no Museo

Actualizado 02/08/2013 09:21

museo de pontevedra

O vindeiro día 9 de agosto ás 21 h celebrarase un desfile de moda do deseñador galego José Matteos, na sala de exposicións temporais do Sexto Edificio, dentro da exposición Luna Azul de Manolo Paz.

José Matteos é o creador da marca de moda Matteos con sede na Coruña, creada tras unha carreira independente e de exitosa colaboración con firmas do sector téxtil.

Ten participado na última edición da Mercedes-Benz Fashion Week Madrid primavera-verán 2013 (antiga pasarela Cibeles).

Para asistir ó desfile é necesario presentar invitación, que poderá reservarse no teléfono 986 804 100, extensión 42436 ou por correo-e en secretaria.museo@depo.es.

A montaxe deste evento que combina dúas modalidades de expresión artística (escultura/deseño de moda) require que a exposición Luna Azul permaneza pechada ese día.

Ver máis

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra