Presentación de curtametraxe

Actualizado 06/08/2013 09:02

museo de pontevedra

O venres 9 de agosto ás 20:00 h no salón de actos do Sexto Edificio terá lugar a presentación da curtametraxe Cassandra de Nacho Garbe.

Este curto foi gravado principalmente na ría de Pontevedra, concretamente en Portonovo, Marín, Beluso, Pontevedra e Poio e contou coa colaboración, entre outras, da Autoridade Portuaria de Marín, o tanatorio de Poio e os clubs náuticos de Portonovo e Beluso.

Sinopse

O destino golpea a Marcos, un fotógrafo de éxito, de xeito demoledor tras recibir unha noticia que cambiará o curso da súa vida. Cassandra representa a viaxe arrepiante cara o escuro universo da dor, dos desexos rotos…

Esta desgraza enfrontarao cara a cara co abismo e, na súa máis profunda agonía, o abismo mirarao a el.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra