Visitas teatralizadas nocturnas a cargo do grupo Migallas

Actualizado 07/08/2013 08:47

museo de pontevedra

Un paseo pola arte galega desde o s. XIV a Castelao é o título da visita teatralizada a cargo do grupo Migallas, que se desenvolverá no Sexto Edificio os días 14 e 17 de agosto en horario nocturno, na que os participantes, acompañados por varios personaxes, realizarán un percorrido polas distintas salas do edificio para coñecer dunha forma amena e con pinceladas de humor as obras galegas que nelas se exhiben.

A actividade é gratuíta, está dirixida a todos os públicos a partir de 4 anos, e iniciarase, ás 21:30 h cun máximo de 40 persoas por quenda. A duración aproximada é de hora e media. Na metade da visita, os nenos e nenas inscritos nesta poderán participar nun obradoiro infantil de expresión artística relacionado coas obras que viron e nas historias que escoitaron.

Os interesados deberán inscribirse na Secretaría do Museo (teléfono 986 804 100, extensión 42436).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra