As Ruínas de San Domingos pecharán ó público para tarefas de revisión

Actualizado 09/08/2013 14:29

museo de pontevedra

As Ruínas de San Domingos permanecerán pechadas desde o sábado 10 de agosto e ata novo aviso.

O cerre vén motivado polos traballos de revisión que se van realizar, para verificar o seu estado actual e determinar se precisan algún tipo de intervención para mellorar a súa conservación.

As actividades como a Ruta do Museo seguirán tendo como punto de encontro este edificio. Para calquera consulta deben dirixirse ó Gabinete Didáctico, teléfono 986 804 100 extensión 42413.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra