O edificio Sarmiento, recén rehabilitado, inaugúrase o mércores 21 de agosto ás 20h

Por mor dos preparativos do acto inaugural, o Sexto Edificio pechará as súas portas ó público ese día a partir das 14 h

Actualizado 20/08/2013 06:05

museo de pontevedra

O Edificio Sarmiento abrirá as súas portas, totalmente rehabilitado, e coas novas exposicións permanentes nas súas dúas plantas, o vindeiro 21 de agosto, ás 20 horas e coa presenza da ministra de Fomento, Ana Pastor.

O antigo Colexio dos Xesuítas, construído a principios do século XVIII, pertence ó Museo dende 1979. Alberga os fondos arqueolóxicos da Prehistoria e a Antigüidade, a arte galega medieval ata o século XIII, as coleccións de louza de Sargadelos, Cerámica Celta, azulexos e outros produtos cerámicos, así como a colección Sánchez Mesas - Fernández de Tejada de arte contemporánea e asiático-oriental.

Como colofón, Amancio Prada porá a nota musical cun concerto no que o cantautor non só presentará o seu último traballo A Rosalía de Federico, senón que tamén recuperará algunhas das mellores pezas do seu repertorio musical.

Por mor dos preparativos previos a este acto o Sexto Edificio permanecerá pechado dende as 14 h do propio día 21.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra