Feira Franca no Museo

Actualizado 28/08/2013 09:05

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra súmase á celebración da Feira Franca na cidade de Pontevedra, con diferentes propostas dirixidas, fundamentalmente, ó público infantil.

Para participar nos obradoiros realizados por Pepa Cuentera é preciso inscribirse previamente no teléfono 986 804 100 extensión 42436. Para dar oportunidade ó maior número de participantes, cada un inscribirase en dous dos catro obradoiros.

Actividades realizadas por Pepa Sanmartín Santiago (Pepa Cuentera, mariscadora de contos). Celebraranse todos eles no Sexto Edificio.

4 de setembro: Contos medievais Na Idade Media os xograres levaban as historias e sucesos dun pobo a outro informando e entretendo as súas xentes. Por iso, facendo unha homenaxe a aqueles trobadores que tanto aportaron a nosa literatura e a nosa cultura, transportaremos ós nenos ás paraxes da Idade Media. Dirixido a nenos e nenas ata 12 anos De 11 a 12 horas e de 12:30 a 13:30 horas.

Obradoiros

2 de setembro: Obradoiro de moedas de xenxibre.* Os nenos elaboraráb a decoración dunhas galletas de xenxibre con produtos de pastelería adaptados á época.

3 de setembro: Obradoiro de decoración panos de mesa de algodón.* Neste obradoiro os rapaces personalizarán un pano de mesa co seu nome e un escudo. Traballando con el coñecerán a peculiar historia deste utensilio inventado por Leonardo Da Vinci. *Ó remate de ámbalas dúas actividades, agasallaremos ós nosos pequenos “mestres artesáns” cun libro.

5 de setembro: Obradoiro de “ex libris” e marcapáxinas. Neste obradoiro os participantes achegaranse á historia da imprenta, realizando dous elementos esenciais para un lector: un marcapáxinas e un “ex libris”.

6 de setembro: Obradoiro “Poñamos unha mesa da Idade Media” Ensinarase ós pequenos a poñer unha mesa, realizando un mantel individual, revivindo os grandes banquetes medievais.

Para nenos e nenas de 7 a 12 anos. 15 participantes por quenda Dúas quendas: de 11 a 12 horas e de 12:30 a 13:30 horas

Actividades do Gabinete Didáctico.

O Gabinete Didáctico celebrará un obradoiro de heráldica co que se tratará de achegar a todos os públicos, especialmente ós máis pequenos, á ciencia heráldica.

Deste xeito, en primeiro lugar, todos os rapaces que o desexen poderán debuxar o seu escudo heráldico, contando para iso coa axuda de expertos heraldistas que lles explicarán como teñen que facer o deseño para poder debuxalo e logo pintalo.

Paralelamente, tanto os pequenos como os maiores, poderán xogar a diversos xogos de cartas coas barallas heráldicas deseñadas especialmente para a ocasión.

Estas actividades terán lugar o venres 6 de 17:00 a 20:00 horas, e o sábado 7 de 11:00 a 14:00 horas e se celebrarán nos soportais do edificio Fernández López, na contorna da Praza da Leña e a participación e libre e gratuíta.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra