Domingos musicais no Sexto

Actualizado 10/09/2013 09:40

museo de pontevedra

Co concerto de Leo Minax que terá lugar o día 15 na área de cristal do Sexto Edificio comeza o ciclo titulado Domingos musicais no Sexto.

Os concertos celebraranse ás 19:30 h, un domingo cada mes.

Leo Minax naceu en Belo Horizonte, capital do Estado de Minas Gerais, Brasil. Veciño de Madrid, publicou sete discos en España, comercializados por distintos selos discográficos. O seu penúltimo disco, gravado en directo de estudo, con guitarra e voz ("SEM TIRAR NEM PÔR"), foi publicado recentemente en Xapón e tamén acaba de ser publicado en Brasil polo prestixioso selo DUBAS MÚSICA. Autor e intérprete inquedo, Minax desenvolve dende hai moito o seu discurso musical, sempre esixente.

Ver toda a información

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra