Exposición Premios Novos Valores 2013

Actualizado 20/09/2013 14:06

museo de pontevedra

A exposición Premios Novos Valores de Artes Plásticas 2013 amosa as trinta e oito obras seleccionadas ou premiadas neste certame convocado pola Deputación de Pontevedra. Nel puideron participar pintores, escultores, debuxantes, deseñadores, gravadores, ceramistas, fotógrafos, videocreadores … de calquera idade residentes na comunidade autónoma de Galicia que non fosen premiados nunha edición anterior.

Os galardoados foron os seguintes: primeiro premio, dotado con 4.000 euros, para ANTIA BARBA MARIÑO por Sen título; segundo premio, de 3.000 euros, para ANA MARÍA GONZÁLEZ GARCÍA, por Creciendo entre sueños, e terceiro premio, de 2.000 euros, para MARÍA FERNANDA LLOVO OTERO, por El regalo mágico del conejito pobre al niño que casi fue príncipe.

O xurado, presidido por Ana Isabel Vázquez Reboredo, deputada e presidenta da Comisión de Cultura, estivo integrado por Carlos Rosón Gasalla, presidente da Fundación RAC, Carlos García Suárez Otero, presidente da Fundación Laxeiro, Manolo Dimas, pintor e profesor de Belas Artes, Manolo Paz, escultor, Antón Pulido, artista e Fátima Cobo Rodríguez, coordinadora de exposicións da Deputación. Actuou como secretario Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura. A exposición permanecerá aberta no Sexto Edificio desde o 26 de setembro ó 27 de outubro.

Todas as obras seleccionadas están recollidas nun catálogo dixital que se pode descargar nesta páxina.

Catálogo para visualizar

Catálogo para imprimir

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra