Audicións de música comentadas

Actualizado 03/10/2013 13:32

museo de pontevedra

O 19 de outubro comezou a cuarta edición das audicións de música clásica comentadas dirixidas e presentadas por Manuel López Benito. Consta dun ciclo dedicado ás formas musicais na música clásica e outro á ópera.

As sesións terán lugar no salón de actos do Sexto Edificio. A entrada é libre e de balde.

CURSO DE APRECIACIÓN MUSICAL: AS FORMAS MUSICAIS NA MÚSICA CLÁSICA

19 e 26 de outubro; 9 e 16 de novembro, de 11:30 a 13:30 h

II CICLO DE INTRODUCIÓN Á ÓPERA: ÓPERAS COMENTADAS

22 e 29 de novembro; 13 e 20 de decembro, de 19:30 a 21:30 h

O Barbeiro de Sevilla, Carmen, Don Giovanni, e Rigoletto son as óperas do programa deste II ciclo, continuidade do que se celebrou o pasado ano.

Ver programa completo

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra