Preestrea do documental Colón galego?

Actualizado 08/10/2013 10:46

museo de pontevedra

O mércores 9 de outubro ás 20 h no salón de actos do Sexto Edificio preestrearase o documental Colón Galego? producido por ComunicArte para a Televisión de Galicia.

Dirixido por Ángel Peláez, expón a teoría de Celso García de la Riega sobre o berce galego de Colón ó tempo que aborda outros temas que relacionan a xesta do Almirante con Galicia.

No documental teñen participado recoñecidos profesionais como son: Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Cristóbal Colón de Carvajal, duque de Veragua; Santiago Bolíbar, almirante da Flota da Armada Española ou Guillermo García de la Riega, entre outros.

A suposta casa do nacemento de Colón en Porto Santo, a ría de Pontevedra, a biblioteca do mosteiro de Poio ou o castelo de Soutomaior, son algúns dos escenarios onde transcorre a rodaxe e que dotaron ó documental dunha notable vistosidade.

O documental ten unha duración de case oitenta minutos e está patrocinado pola Deputación de Pontevedra a través de Turismo Rías Baixas e o Concello de Pontevedra.

Requírese confirmar a asistencia en info@comunicartegalicia.com

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra