Presentación de Dios y otros superhéroes

Actualizado 09/10/2013 08:31

museo de pontevedra

O venres 11 de outubro, ás 20 h, preséntase no Sexto Edificio do Museo o cuarto libro do escritor pontevedrés Alexander Vórtice titulado Dios y otros superhéroes.

O libro que se presenta en forma de relatos curtos está publicado pola editorial Seleer.

Alexander Vórtice naceu en Pontevedra en 1979. É un escritor e poeta que achou na literatura unha boa escusa para continuar vivindo.

É autor de Destilería Ocaso (2004), Neurosis Tremens (2005) e Material de Soños (2008). Colabora en diversos blogs literarios tanto en España como Sudamérica e é columnista no Diario de Pontevedra e en Pontevedra Viva.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra