III Encontro de Conservación e Restauración

Actualizado 10/10/2013 11:17

museo de pontevedra

O III Encontro de conservación e restauración vaise celebrar os días 13, 14 e 15 de novembro no salón de actos do Sexto Edificio.

Está dedicado á manipulación e traslado de bens culturais como consecuencia da importancia que adquiriron nas últimas décadas a remodelación dos museos e a organización de exposicións temporais.

Diríxese tanto a profesionais do eido da restauración e conservación, como a outras profesións vinculadas coas actividades museísticas e expositivas así como a estudantes e ó público interesado en xeral.

Como nas edicións anteriores, está organizado polo Museo e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

As inscricións realizaranse na secretaría do Museo de Pontevedra: secretaria.museo@depo.es (información no teléfono 986 804 100) ata o 11 de novembro de 2013. Efectuaranse por rigorosa orde de rexistro de entrada ata completar o número de prazas, limitado a 240 persoas.

Os asistentes recibirán un diploma acreditativo. Está solicitado 1 crédito de libre configuración á Universidade de Vigo.

Ver programa

Folla de inscrición

Descargar folleto

Directo

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra