Domingos musicais no Sexto

Actualizado 16/10/2013 10:42

museo de pontevedra

O segundo concerto do ciclo Domingos musicais no Sexto estará a cargo de Alberto Alcalá. Terá lugar o día 20 de outubro ás 19:30 h na zona de cristal do Sexto Edificio.

O malagueño Alberto Alcalá iniciouse moi novo na música, estudando flamenco co guitarrista Paco de Antequera. En Granada, onde estuda Filoloxía, comeza a tocar en diversos locais. Ó tempo preséntase a certames de canción de autor nos que consegue diversos recoñecementos.

Presenta o seu primeiro traballo discográfico Ensayo y error, coa produción de Diego Guerreo e colaboracións de Jorge Pardo, Javier Ruibal e Miguel Ángel Márquez (Antílopez).

A entrada é gratuíta.

Ver toda a información

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra