Ciclo de cine infantil

Actualizado 22/10/2013 08:31

museo de pontevedra

O salón de actos do Sexto Edificio acolle este ciclo de cine infantil organizado pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, o Cine Club Pontevedra, o Centro Galego de Artes da Imaxe e o Museo. As sesións celebraranse ás 17:00 h os días 26 de outubro, 16 de novembro, 14 de decembro de 2013 e 18 de xaneiro, 15 de febreiro e 15 de marzo de 2014.

O Museo pon a disposición dos interesados cincuenta entradas, que poden ser retiradas na recepción do Sexto Edificio.

Ver programa

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra