XII Memorial Filgueira Valverde.

Actualizado 25/10/2013 14:50

museo de pontevedra

Os días 5, 6 e 7 de novembro, no salón de actos do Sexto Edificio, celebrarase o XII Memorial Filgueira Valverde, organizado pola vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo coa colaboración do Museo, nesta ocasión baixo o título “Novas achegas ó coñecemento da Prehistoria de Galicia”.

As conferencias comezarán ás oito da tarde e a entrada ás mesmas é libre ata completar o aforo.

O ciclo xirará arredor dos xacementos arqueolóxicos do Cabrón (Arbo), Porto Maior (As Neves) e a cova de Eirós (Triacastela). Estes enclaves aportan unha valiosísima información ó coñecemento dos primeiros poboadores de Galicia, a través dos artefactos atopados, como é o caso de Porto Maior e O Cabrón, que poden datarse hai medio millón de anos, ou a través das primeiras manifestacións de arte parietal do noroeste peninsular, achadas na cova de Eirós catalogadas no Paleolítico superior (25.000-10.000 anos) ou das pinturas dos monumentos megalíticos, como as pertencentes á colección do propio Museo, procedentes do Monte dos Marxos.

Os poñentes son Eduardo Méndez Quintas, do Instituto de Estudos Miñoranos; Ramón Fábregas Valcarce, da Universidade de Santiago e Fernando Carrera Ramírez, da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Ver programa completo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra