SAMAÍN 2013

Actualizado 28/10/2013 10:01

museo de pontevedra

Continuando coa iniciativa do ano pasado na que nos sumamos a tradicional celebración do Samaín, o próximo xoves 31 de outubro propoñemos unha noite de meigas no Museo, na que invitamos ós pequenos aprendices de bruxos e bruxas a que participen neste artístico aquelarre.

A actividade está dirixida a nenos e nenas de 5 a 12 anos, e consiste nun obradoiro creativo, onde realizarán o seu propio disfrace de Samaín, ademais doutras actividades plásticas, e un conta contos de historias inéditas inspiradas en tres obras enmeigadas expostas no Sexto Edificio do Museo.

O lugar onde se levará a cabo o conxunto da actividade será o Sexto Edificio do Museo, cunha duración aproximada de dúas horas e media, comezará ás 18 horas e rematará arredor das 20:30 h.

Nº participantes: 15

Inscrición: chamando ó teléfono 986 804 100, extensión 42413, ou no correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra