Actividades da exposición Sopros de Nadal

Actualizado 29/10/2013 10:17

museo de pontevedra

Un obradoiro de adornos victorianos para adultos, outro para nenos de adornos para árbores de Nadal con contas de vidro, visitas guiadas e actividades para familias, constitúen o programa complementario da exposición Sopros de Nadal dedicada ós adornos artesanais de vidro para árbores de Nadal.

Adultos

Obradoiro de adornos victorianos

Consta de seis sesións a celebrar os días 6, 13, 20, 27 de novembro e o 4 e o 11 de decembro, en dúas quendas: de17:00h a 18:30h e de 19:00h a 20:30h

O número máximo de participantes será de 12 persoas por quenda

Nenos e nenas

Obradoiro de adornos para árbores de Nadal con contas de vidro

Esta actividade na que se seguen os mesmos métodos que empregan os vidreiros checos, complétase coa visita guiada á exposición Sopros de Nadal e o xogo Atopa o Nadal no Museo

Dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos que poden elixir un dos seguintes días:

26, 27 de decembro, 2, 3 de xaneiro. De 11 a 13:30h

O número máximo de participantes será de 15 por día

Ampliado: días 23 e 30 de decembro

Familias

Visita guiada á exposición Sopros de Nadal Todos os sábados ás 17 horas.

Proxección de películas de Nadal

Venres 27 de decembro e 3 de xaneiro ás 18 horas

Lugar de celebración: Sexto Edificio (r/ Padre Amoedo, 3)

Inscricións na Secretaría do Museo. Tfno. 986 804 100 ext. 42436

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra