Domingo Villar participa no ciclo En Paralelo

Actualizado 05/11/2013 10:02

museo de pontevedra

Coa conferencia “Escribir novela negra”, a cargo do escritor Domingo Villar, o venres 8, e a proxección da película El sueño eterno dirixida por Howard Hawks en 1946, o martes 12, continúa neste mes de novembro o ciclo En paralelo: noites de literatura e cine, que combina ambas as dúas disciplinas.

As actividades comezan ás oito da tarde e a entrada é libre ata completar aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra