Un cadro do Museo na exposición dedicada a Darío de Regoyos

Actualizado 08/11/2013 08:02

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra cedeu unha das obras da súa colección para formar parte da exposición Darío de Regoyos (1857-1913). La aventura impresionista, producida polo Museo de Bellas Artes de Bilbao para conmemorar o centenario do pasamento do pintor Darío de Regoyos (Ribadesella, Asturias, 1857–Barcelona, 1913).

Trátase dun óleo titulado Paisaje: Peña Amboto. Vizcaya, datado cara 1907, no que o artista asturiano nos mostra unha ampla panorámica dun paisaxe rural vasco cos campos labrados e ó fondo a vista dun dos tres montes máis importantes de Euskadi, a emblemática Peña Amboto, un dos montes de Vizcaya, desde onde se convocaban a Xuntas Xerais con bucinas.

A exposición, que permanecerá aberta ó público no Museo de Bellas Artes de Bilbao do 7 de outubro de 2013 ó 26 de xaneiro de 2014, viaxará posteriormente a Madrid onde se exhibirá no Museo Thyssen-Bornemisza desde o 18 de febreiro ó 1 de xuño de 2014.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra