Domingos musicais no Sexto

Actualizado 14/11/2013 15:07

museo de pontevedra

Patricia Lázaro e César Maldonado actúan este domingo ás 19:30 h no Sexto Edificio dentro do ciclo “Domingos Musicais no Sexto”. A entrada e libre e gratuíta

PATRICIA LÁZARO é unha cantautora granadina. No seu estilo mestura sen prexuízos moi diferentes influencias que converxen nun folk moi persoal no que as palabras teñen grande importancia e son seleccionadas con delicadeza narrando o que ve, o que non ve, o que pensa e o que sente con despoxo.

Pasou por infinidade de escenarios de España e o estranxeiro e resultou premiada en numerosos certames de canción de autor, sendo ademais en 2009 a primeira muller que obtén o primeiro premio no XI Certamen de Jóvenes Cantautores en Elche, entregado por Iván Ferreiro. O último foi en 2010, III Certamen de Canción de Autor Joven de Palmas de Gran Canaria onde foi galardoada co Primeiro Premio.

O seu primeiro disco titúlase Todo irá bien mamá.

CÉSAR MALDONADO é un cantante e compositor almeriense nacido en 1979. Ós 7 anos deu o seu primeiro concerto e dende entón realizou recitais por todo o territorio nacional e, mesmo, en París. Na súa carreira conseguiu, entre outros galardóns, o premio á mellor canción en dúas ocasións no prestixioso Festival Abril para vivir, o Festival Internacional de Cantautores de Granada, concretamente, nas edicións dos anos 2009 e 2011.

Influído por cantautores clásicos como Joan Manuel Serrat, César Maldonado pertence a unha nova corrente de autores folks capaces de emocionar despoxando as súas cancións de todo artificio.

O seu primeiro disco titúlase El Zaguán.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra