Exposición Sopros de Nadal

Actualizado 26/11/2013 11:14

museo de pontevedra

Artesáns vidreiros de Rautis (Bohemia do Norte, República Checa) farán unha demostración do seu traballo durante o acto de inauguración da exposición Sopros de Nadal que terá lugar o xoves ás 20 h

Nas imaxes pódense apreciar uns instantes do primeiro paso do proceso de elaboración de contas, no que se coloca un tramo dunha vara de vidro sobre o lume para que amoleza, antes de colocala no interior dun molde para que tome a súa forma unha vez que se lle insufla aire.

Esta parte do proceso realizase no domicilio dos artesáns.

Ver información sobre a exposición

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra