O profesor Jean-Marie Lavaud presenta un libro sobre Valle Inclán

Actualizado 29/11/2013 08:29

museo de pontevedra

O martes 3 de decembro, ás oito da tarde, no salón de actos do Sexto Edificio celebrarase a presentación do libro Ramón del Valle-Inclán. Luces de Bohemia, una revolución dramática,, do que é autor Jean-Marie Lavaud. Este ensaio resultou gañador na edición do ano 2009 dos Premios Valle-Inclán promovidos pola Deputación de Pontevedra.

Jean-Marie Lavaud é licenciado en letras pola Universidade de Burdeos e actualmente catedrático emérito da Universidade da Borgoña. O seu principal tema de estudo foi o escritor arousano. É autor, xunto coa súa esposa Éliane Lavaud-Fage, do libro Valle-Inclán, un espagnol de la rupture destinado a dar a coñecer a Valle-Inclán en Francia.

No libro que se presenta, Lavaud ofrécenos unha serie de reflexións persoais sobre o teatro valle-inclanesco e un rigoroso estudo da peza teatral Luces de Bohemia do ilustre autor galego. Proporciónanos ademais os elementos necesarios para a comprensión da obra, analiza as súas diferentes facetas e traza un camiño cara a unha nova lectura do esperpento, o da perspectiva do expresionismo e do teatro postdramático.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra