O Ateneo presenta Lágrimas por una medalla

Actualizado 02/12/2013 08:50

museo de pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro Lágrimas por una medalla, autobiografía da campioa olímpica de ximnasia rítmica Tania Lamarca da que é coautora a xornalista deportiva Cristina Gallo. O acto terá lugar o mércores 4 de decembro, ás 20 horas, no salón de actos do Sexto Edificio. Nel intervirán Víctor Riobó, Cristina Gallo e Tania Lamarca, esta última a través de vídeoconferencia.

Previamente, a partires das 19:45 horas, o Club de Ximnasia Rítmica Rías Baixas realizará unha exhibición deportiva de benvida na zona de cristal do Sexto Edificio do Museo.

Tania Lamarca foi unha das «Nenas de Ouro», o conxunto de ximnasia rítmica que subiu ao podio en Atlanta. Cun envexable palmarés, foi retirada da competición por decisión federativa.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra