Javier Sierra participa no ciclo En Paralelo

Actualizado 05/12/2013 08:40

museo de pontevedra

Coa charla sobre “El maestro del Prado”, a cargo do seu autor, Javier Sierra, o mércores 11, e a proxección da película El molino y la cruz dirixida por Lecha Majewski en 2011, o mércores 18, celébrase unha nova sesión do ciclo En paralelo: noites de literatura e cine, que combina ambas as dúas disciplinas.

As actividades comezan ás oito da tarde e a entrada é libre ata completar aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra