Domingos Musicais no Sexto

Actualizado 05/12/2013 12:48

museo de pontevedra

O cantautor valenciano Andreu Valor actúa este domingo ás 19:30 h no Sexto Edificio dentro do ciclo “Domingos Musicais no Sexto”. A entrada e libre e gratuíta

ANDREU VALOR naceu en Concentaina (El Comtat) en 1978. A súa vinculación coa música ten sido constante. Os recordos da súa infancia son sempre cun instrumento. En 2000 crea xunto a outros compañeiros o seu primeiro grupo de música, co que iniciará a súa andaina musical e co que tocará durante oito anos. En 2008 decide camiñar en solitario trala disolución do grupo e comeza a presentar temas propios compostos cunha temática social importante coa intención de cambiar o seu pequeno mundo.

En 2010 editou o seu primeiro traballo discográfico En les nostres mans. Despois do bo resultado deste primeiro disco o autor afrontou con forza e ilusión o seu segundo traballo en solitario A l’ombra de l’obscuritat.

Malgrat la pluja é o seu terceiro traballo onde, como en todos os anteriores, a constancia reflexiva e a aposta por valores como a dignidade e a igualdade fan que de novo a temática social siga o punto de partida de cada historia.

De este álbum podes escoitar aquí Tornarem a caure.


Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra