Presentación do libro Habladme piedras

Actualizado 13/12/2013 08:20

museo de pontevedra

No salón de actos do Sexto Edificio preséntase o martes 17 de decembro ás 20 h o libro Habladme piedras do novelista e investigador pontevedrés José Benito García.

Nel recompilouse, nun só volume, unha cantidade inxente de datos dos máis prestixiosos historiadores, investigadores, escritores, fotógrafos e debuxantes que tivo a cidade de Pontevedra e dos que realizaron estudos e traballos sobre esta.

A estrutura desta obra, a xeito de libro-guía, comprende cinco percorridos que abranguen por completo toda a zona monumental da cidade do Lérez, coa intención de que o lector poida optar por lelo tranquilamente na súa casa ou de que efectuar o percorrido a pé mentres realiza a súa lectura.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra