Cine para público infantil e familias

Actualizado 18/12/2013 12:17

museo de pontevedra

Dentro das actividades programadas na exposición Sopros de Nadal está a proxección no Sexto Edificio de dúas películas de animación de temática propia destas datas.

Son dous títulos de grande impacto nos medios de comunicación e de moi boa acollida do público nas pantallas de todo o mundo, onde se estrearon a finais dos anos 2011 e 2012.

A entrada é libre e gratuíta ata completar o aforo.

Máis información en gabinetedidactico@depo.es

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra