Presentación do número 19 da revista Galegos dedicado a Castelao

Actualizado 27/12/2013 16:50

museo de pontevedra

A presentación do número 19 da revista Galegos / Gallegos terá lugar no Sexto edificio o 30 de decembro ás 20 h. Nese día cúmprese o 86 aniversario da fundación do Museo de Pontevedra.

O acto estará presidido por Rafael Louzán e intervirán nel Alejandro Diéguez, editor, e José Carlos Valle Pérez, coordinador do número.

Neste exemplar preséntanse sete artigos dedicados a Castelao nos que a gran maioría das obras que se comentan forman parte da colección do Museo.

Os autores deles son Justo Beramendi, María Vitoria Carballo-Calero, José Manuel B. López Vázquez, José Manuel Castaño García, Xosé Fuentes Alende, Xosé Ramón Fandiño e Xosé Carlos Valle Pérez que aportan diferentes visións sobre as súas facetas como artista, político galeguista, escritor ou etnógrafo.

A cuberta da revista amosa un dos tres cadros de grandes dimensións que o artista fixo en 1915 para o Hotel Balneario de Mondariz, expostos na actualidade na primeira das salas dedicadas a Castelao no Sexto edificio depositados pola Real Academia Galega.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra