Presentación do libro Historia de España escrita para mis nietos

Actualizado 14/01/2014 08:41

museo de pontevedra

O venres 17 de xaneiro, ás 20 h, no salón de actos do Sexto Edificio, presentarase o libro de Antonio Velasco Garrido Historia de España escrita para mis nietos. Intervirán o xornalista Pedro Rivas Fontenla que presentará a obra, a directora da editorial Cuadernos de Laberinto, Alicia Arés e o propio autor. Presidirá o acto a Deputada de Cultura Ana Isabel Vázquez Reboredo.

Antonio Velasco Garrido (Pontevedra, 1933) escribiu un libro para os seus netos, aínda que realmente o fai para todos os netos de España, no que lles ofrece de xeito resumido o estudo dos personaxes e acontecementos que ao longo dos séculos foron encadeando a historia do noso país.

A obra está dividida en 32 capítulos que explican o acontecido dende o establecemento da especie humana na Península Ibérica, que segundo os últimos descubrimentos de Atapuerca data de 1.200.000 anos, ata o reinado de Juan Carlos I, pasando lo descubrimento de América no ano 1492 ou o rexeitamento da invasión napoleónica na Guerra da Independencia nos albores do século XIX.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra