Domingos Musicais no Sexto

Actualizado 20/01/2014 14:21

museo de pontevedra

Este domingo ás 19:30 h no Sexto Edificio, coa actuación de Reynier Aldana , celébrase a primeira sesión deste ano do ciclo Domingos Musicais no Sexto. A entrada e libre e gratuíta.

O músico e compositor cubano REYNIER ALDANA nacido na Habana, comezou a súa traxectoria profesional como percusionista e posteriormente desenvolveu coñecementos en guitarra. Dende hai máis dun ano reside en Moaña, onde fundou o proxecto Jazz Fusión xunto ao pianista cubano Alejandro Vargas e o batería galego L.A.R.Legido. Na actualidade, o artista traballa na maqueta Tu libertad que será o seu primeiro disco, onde mestura ritmos africanos, pop rock, funk, bolero e sons electrónicos.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra