Actividades da exposición As xoias e o seu reflexo

Actualizado 22/01/2014 08:32

museo de pontevedra

Ofrecemos aquí un programa de actividades para visitantes individuais que consta de visitas guiadas e obradoiros para nenos, nenas e adultos.

Visitas guiadas para todos os públicos:

  • Todos os sábados ás 18 horas
  • Punto de encontro: recepción do Sexto Edificio
  • Sen inscrición previa

Obradoiro infantil: As xoias e o seu reflexo

Os participantes entrarán en contacto co mundo das xoias a través dunha visita guiada á exposición, na que irán acompañados por un educador do Gabinete Didáctico. Daráselles a coñecer algúns dos materiais nobres empregados, tipoloxías de xoias e o seu reflexo na arte. A continuación realizarán un broche creativo inspirado nos motivos naturalistas, para rematar pintando o vestiario, cos seus respectivos complementos, de bonecas de papel recortables, as tradicionais mariquitas.

Organizaranse catro obradoiros dunha sesión cada un:

  • Días: sábados 1, 8, 15 e 22 de febreiro
  • Horario: de 17 a 19 horas
  • Lugar: Sexto Edificio
  • 15 participantes por quenda
  • Nenos e nenas de 5 a 12 anos

Obradoiro de adultos: As xoias e o seu reflexo

Impartido por membros do Gabinete Didáctico, trátase dun obradoiro de iniciación á bixutería no que se realizarán unha serie de adornos con abelorios, pretexto para entrar en contacto coa colección de xoias da exposición.

O traballo feito a man completarase con información sobre aspectos como: as xoias como complemento no vestir, o seu significado simbólico e social ou algunhas das tipoloxías máis destacadas da historia. Nos adornos que se van realizar empregarase organdí metálico, encaixe, chafas e diferentes abelorios.

Organizaranse dous obradoiros de dúas sesións cada un:

  • 1º Grupo
  • Xoves 30 de xaneiro e 6 de febreiro
  • De 17 a 19 h
  • 2º Grupo
  • Xoves 13 e 20 de febreiro
  • De 17 a 19 horas
  • Lugar: Sexto Edificio
  • 10 participantes por quenda

Para todos os obradoiros será necesaria inscrición previa na Secretaría do Museo, chamando ó teléfono 986 804 100 extensión 42436.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra