Exposición As xoias e o seu reflexo

Actualizado 28/01/2014 14:43

museo de pontevedra

Baixo este título ofrécese ó público unha selección das xoias que forman parte da colección do Museo de Pontevedra comprendidas entre a Antigüidade e o s. XX. Exhíbense agrupadas en función dos seus usos e tipoloxías, encontrándonos, entre outras, pezas de xoiaría tradicional, as relacionadas coa maxia e a relixión, as de carácter sentimental, as de loito, as xoias en miniatura, as condecoracións, os reloxos...

As xoias seleccionadas preséntanse acompañadas por fondos doutra natureza (pinturas, miniaturas, debuxos, gravados, fotografías, indumentaria, complementos de moda e obxectos decorativos) nos que, dun modo ou outro, se ven reflectidos.

Permanecerá aberta desde o 31 de xaneiro ó 2 de marzo de 2014

Ver obradoiros e actividades complementarias

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra