Ven coñecer o Museo

Actualizado 29/01/2014 10:07

museo de pontevedra

Trátase dun conxunto de tres visitas guiadas que o Gabinete Didáctico ofrece a todos os públicos para coñecer pouco a pouco o complexo museístico.

As tres rutas son complementarias e permiten unha achega á historia e ás coleccións do Museo. Comezarán o 7 de febreiro e rematarán o 1 de xuño.

Para participar é necesario inscrición previa a través da dirección de correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es, ou ben chamando ó teléfono 986 804 100 extensión 42413.

Os percorridos realizaranse a partir de un mínimo de 5 persoas.

Ven ó Sarmiento!

Percorrido guiado polo Edificio Sarmiento a través da súa historia, a súa arquitectura e os fondos que nel se expoñen.

    Data: Tódolos venres (excepto 18 de abril)

    Hora: 18h

    Punto de encontro: Sexto Edificio

    Duración: 90 minutos

    Nº participantes: 25

A Ruta do Museo

Ruta guiada na que se pretende unha achega á historia dos seis edificios que compoñen o Museo de Pontevedra e ás principais coleccións que custodia.

    Data: Tódolos sábados (excepto 17 de maio)

    Hora: 11:30h

    Punto de encontro: Ruínas de San Domingos

    Duración: 2 horas

    Nº participantes: 25

Achégate ó Sexto!

Visita guiada polo Sexto Edificio do Museo como unha primeira toma de contacto coa súa arquitectura e as súas coleccións.

    Data: domingos

    Hora: 11:30h

    Punto de encontro: Sexto Edificio

    Duración: 90 minutos

    Nº participantes: 25

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra