Carmen Novo presenta a súa novela Entre dos tiempos

Actualizado 03/02/2014 10:03

museo de pontevedra

Terá lugar no salón de actos do Sexto Edificio o xoves 6 de febreiro, ás 20 h, coa participación de Ana Isabel Vázquez Reboredo, deputada de cultura, José Membrive, editor do libro, Manuel Almenar Belenguer, maxistrado, e Carmen Novo Colldefors, a autora.



Na novela, Clara Andrade, pintora de 35 anos, divórciase do seu marido, o americano Ian Cook, debido ó seu concepto sobre o mundo da parella e o amor, o cal estivera solapado durante varios anos e que cando sae á luz ela non comparte.

Clara quere entón afastarse de Madrid, onde convivían, e vaise á casa que os seus avós lle deixaron en herdanza, en Mondoñedo (Lugo), onde encontra Dorita, a antiga serventa e persoa de toda confianza e querida pola súa avoa. Relacionarase tamén co seu fillo e a súa neta, que o axudará nas tarefas domésticas, creándose uns fortes lazos entre os tres e algunha persoa máis.

Ó mesmo tempo, a curiosidade de Clara lévaa a investigar certos aspectos do pasado que non ve claros e que teñen que ver así mesmo co presente, o cal dará lugar a unhas situacións comprometidas e inesperadas.

O amor é igual para todos?, funciona o modelo actual?, hai máis alternativas viables?, sempre é mellor saber a verdade? Estas e máis preguntas xurdirán ó ler a novela, unha novela de intriga e de relacións persoais.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra