Exposición De la vida a la muerte en el Antiguo Egipto

Actualizado 17/02/2014 14:45

museo de pontevedra

En xullo e agosto exhibiremos a exposición Da vida á morte no Antigo Exipto da que son comisarios Francisco Martín Valentín e Teresa Bedman. Baixo a dirección destes investigadores fíxose un descubrimento transcendental para a exiptoloxía.

O Ministro de Antigüidades de Exipto Dr. Mohamed Ibrahm, comunicou oficialmente, o importante descubrimento realizado pola MISIÓN ARQUEOLÓGICA ESPAÑOLA DEL INSTITUTO DE ESTUDOS DEL ANTIGUO EGIPTO de Madrid, baixo a dirección do Dr. Francisco Martin Valentín e Teresa Bedman, consistente nos textos inscritos en catro columnas existentes na capela da tumba nº-28- de Asasif en Luxor Occidental, que pertenceu ao Visir do Sur, Amen-Hotep Huy.

As devanditas inscricións recollen os nomes dos faraóns Amen-Hotep III e Amen-Hotep IV, os DOUS COMO REIS DE EXIPTO AO MESMO TEMPO, no ano 30 de Amen-Hotep III.

Este descubrimento supón unha proba indiscutible de que ambos os dous reis reinaron xuntos durante polo menos dez anos.

Esta información botará nova luz sobre os acontecementos do final da Dinastía XVIII no Imperio Novo (cara a 1362 -1348 a.d. C) momento en que se produciu a primeira revolución relixiosa da humanidade, coa creación do monoteísmo e nacemento do chamado período amarniense.

Dende hai case un século, exiptólogos de todo o mundo estiveron a buscar unha proba como esta. Unha páxina en branco da historia da Humanidade, que será escrita pola ciencia española, coa axuda da Fundación Gaselec, Fundación 3 M, Airbus Military, Xelram, Thales, asi como a achega de Los Amigos del Proyecto Visir Amen-Hotep.

Ver informe sobre o descubrimento en PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra