Domingos musicales no Sexto

Actualizado 18/02/2014 13:10

museo de pontevedra

Luis Quintana e Fran Fernández actúan este domingo ás 19:30 h no Sexto Edificio nunha nova sesión do programa de concertos Domingos Musicais no Sexto.

FRAN FERNÁNDEZ

Nace en Granada en 1981.

De formación autodidacta, con 16 anos realiza unha primeira gravación que é emitida en Radio 3 e en Cadena Dial en programas para novos talentos e comeza a tocar en directo en locais de Granada.

Uns anos despois é finalista en concursos nacionais e obtén o premio de Canción de Autor da Deputación de Granada, co que edita o primeiro disco: Travesía, e trasládase a Madrid para estudar piano na Escola de Música Creativa.

Durante a estancia en Madrid firma unha canción coa editorial de Sony e consegue un contrato discográfico para a gravación dun disco: Buenos Días, compartido con Fede Comín e editado por BMG dentro do selo Abran Paso, que sae á venta no ano 2005 e no que colaboran Ana Belén e Ismael Serrano.

Mentres tanto toca en directo en lugares de toda España e comparte escenario con Luis Eduardo Aute, Amancio Prada, David Broza, Antonio Vega ou Tontxu e en 2009 sae á venta Eco del tiempo, disco xestado entre Buenos días e marzo de 2009.

LUIS QUINTANA

Naceu en Las Palmas de Gran Canaria en 1976.

Leva tocando e cantando todo o que compón desde hai 17 anos. Ten sido finalista de case todos os certames de canción de autor a nivel nacional (Cantigas de Mayo, Certamen de Burgos, Certamen de Elche…) e ganou moitos deles. Recentemente gañador do XV Festival de Candelaria coa súa canción Tengo e do Piotemazo da UD. Las Palmas co seu tema Amarillo es mi color.

Deixou o ensino do deporte (é licenciado en Educación Física) para converter a música no seu medio de vida. No seu haber ten catro discos, que demostran o traballo constante e ben feito. Rodeouse para a súa realización, de bos músicos (Yul Ballesteros, Paco Perera, David Quevedo…) que souberon dar forma no estudio, ó traballo que Luis idea mentres compón e que logo expón nos seus concertos, o que fai dos seus discos unha boa mostra do que se vive no directo. Luis Quintana chega ó público cun repertorio cargado de vivencias e pensamentos, nos que inevitablemente e de calquera maneira o público se sinte reflectido.

As súas composicións destacan pola súa orixinalidade dentro da cotianeidade; pola forza das verdades ditas sen medias voces, e pola perfecta unión entre os acordes e as letras, que fan delas un traballo feito a partes iguais entre a razón e o sentimento cunha voz firme e potente, que se desgarra en cada concerto, que se encarga de levar a cada recuncho de onde se atope, xa sexa en grandes auditorios, teatros, locais, bares, ou prazas públicas, e é que Luis Quintana non é un cantautor especializado en público ou en locais.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra