En Paralelo: Noches de Literatura y Cine

Actualizado 19/02/2014 12:18

museo de pontevedra

O venres 21 de febreiro ás 20 h no salón de actos preséntase a última novela de Martín Casariego titulada Un amigo así. O día 26 completarase esta sesión deste ciclo que combina literatura e cine coa proxección da película titulada Límite vertical dirixida por Martin Campbell en 2000.

Martín Casariego (Madrid, 1962) é licenciado en Historia da Arte pola Universidad Complutense de Madrid. Deuse a coñecer con Qué te voy a contar (Premio Tigre Juan á mellor opera prima 1989). No ámbito editorial cultivou diversos xéneros narrativos, desde a novela ata o ensaio, pasando polo relato ou a literatura xuvenil.

De entre as súas novelas tamén poderían destacarse: Mi precio es ninguno (1996), La hija del coronel (Premio de Novela Ateneo de Sevilla, 1997), La primavera corta, el largo invierno (1999), ou La jauría y la niebla (II Premio Logroño de Novela, 2008). Das súas novelas xuvenís poderían sinalarse títulos como Y decirte alguna estupidez, por ejemplo, te quiero (1995), Qué poca prisa se da el amor (1997), Dos en una (2002), ou Por el camino de Ulectra (IV Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil, 2007).

Casariego é tamén merecidamente recoñecido polo seu labor como guionista de cine. É autor de guións (sempre en colaboración) como os de Amo tu cama rica (1991), La Fuente Amarilla (1999), Días azules (2006), ou a adaptación da súa novela Y decirte alguna estupidez, por ejemplo, te quiero (estrenada en 2001). Colaborou con artigos, columnas e relatos en medios de prensa como Diario 16, El Mundo, ABC e Público. Tamén foi profesor de guión cinematográfico na escola de creación literaria Hotel Kafka.

Un amigo así é a súa última novela.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra