Obradoiro de Entroido para nenas e nenos

Actualizado 20/02/2014 14:38

museo de pontevedra

Aproveitando o tempo de Entroido e a relevancia que adoitan ter as máscaras nestes días, desenvolverase un obradoiro de dúas sesións no que cada participante realizará unha careta a partir das que conserva o Museo da obra de teatro Os vellos non deben de namorarse, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Aínda que esta obra non foi concibida en relación ó Entroido, o feito de que se trate dun Teatro de Máscaras permite conectar ámbolos dous temas, difundindo asemade o importante legado Castelao. Ademais da confección das caretas, os rapaces e rapazas serán protagonistas dunha pequena peza de teatro onde terán que disfrazarse e xogar con características propias deste xénero.

Tipo de actividade: obradoiro creativo

Data: luns 3 e martes 4 de marzo

Hora: de 11 a 13 h

Lugar: Sexto Edificio

Idade: nenos/as de 6 a 12 anos

Nº participantes: 20

Para participar é necesario inscribirse na secretaría do Museo, chamando ó teléfono 986 804 100 extensión 42436.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra