Un cadro do Museo na exposición dedicada a Darío de Regoyos

Actualizado 24/02/2014 08:17

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra cedeu unha das obras da súa colección para formar parte da exposición Darío de Regoyos (1857-1913). La aventura impresionista, producida polo Museo de Bellas Artes de Bilbao para conmemorar o centenario do pasamento do pintor Darío de Regoyos (Ribadesella, Asturias, 1857–Barcelona, 1913).

Trátase dun óleo titulado Paisaje: Peña Amboto. Vizcaya, datado cara 1907, no que o artista asturiano nos mostra unha ampla panorámica dun paisaxe rural vasco cos campos labrados e ó fondo a vista dun dos tres montes máis importantes de Euskadi, a emblemática Peña Amboto, un dos montes de Vizcaya, desde onde se convocaban a Xuntas Xerais con bucinas.

Desde o 18 de febreiro ó 1 de xuño pódese ver no Museo Thyssen-Bornemisza dentro da exposición Darío de Regoyos (1857-1913). La aventura impresionista.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra