Miradas de Mujeres 2014

Actualizado 26/02/2014 09:00

museo de pontevedra

O festival que leva por nome Miradas de Mujeres é unha iniciativa de MAV, Mujeres en las Artes Visuales, unha asociación interprofesional e de ámbito estatal sen ánimo de lucro formada por 400 profesionais no sector das artes plásticas en España. O propósito principal deste festival, creado en 2012 pola artista Mareta Espinosa, é o de difundir o papel da muller dentro de todos os ámbitos profesionais das artes visuais, desde a creación artística ó comisariado, á crítica, á investigación e á xestión.

Con este obxectivo, convídase a museos, galerías, centros de arte e universidades a se sumaren con mostras e actividades de mulleres artistas durante o mes de marzo, coa finalidade de aglutinar o maior número de exposicións protagonizadas por mulleres e ocupar a axenda expositiva deste mes a escala nacional.

Este ano o Museo de Pontevedra súmase a esta iniciativa co seguinte programa:

6 de marzo

Conferencia a cargo de Natalia Fraguas, conservadora do Museo de Pontevedra “Muller burguesa e xoiería no século XIX. A democratización do luxo”

12 de marzo

Recital poético de Dores Tembrás: “Onde pousar o verso” Ciclo de conferencias: Mulleres artistas

26 de marzo

Beatriz de San Ildefonso

“Mulleres artistas na colección do Museo de Pontevedra”

27 de marzo

Elena Colmeiro

“Elena Colmeiro e as artistas da súa xeración, a súa experiencia persoal”

28 de marzo

Almudena Fernández Fariña

“A miña obra e as artistas da miña xeración. A miña experiencia persoal”

Todas estas actividades realizaranse no salón de actos do Sexto Edificio ás 20 h

Con mans de muller. Actividades no marco da conmemoración do Día Internacional da Muller

8 de marzo

No andar baixo do Sexto Edificio. De 11:00 a 13:30 h e de 16:30 a 18:30 h

Demostración de palilleiras das asociacións pontevedresas: A Fieitiña e Mar de Fíos.

Mostra de encaixes tradicionais e creativos (Permanecerá tamén aberta ó público o domingo 9, de 11 a 14 h)

No salón de actos ás 19:00 h.

Mesa redonda arredor do encaixe de palillos na que intervirán:

Mariña Regueiro, que tratará sobre o encaixe e a pintura a través dos fondos do Museo; Mario Gallego, que se centrará nas palilleiras de Pontevedra e o papel do home en relación a esta artesanía; Esperanza Marín, que falará acerca do oficio tradicional do encaixe de palillos en mans das mulleres e Ana Rosa Lista que falará do encaixe creativo e da mestura de tradición e modernidade.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra