Con mans de muller

Actualizado 07/03/2014 12:10

museo de pontevedra

Con mans de muller é o título do conxunto de actividades que se van realizar no Museo no marco da conmemoración do Día Internacional da Muller

8 de marzo

No andar baixo do Sexto Edificio. De 11:00 a 13:30 h e de 16:30 a 18:30 h

Demostración de palilleiras das asociacións pontevedresas: A Fieitiña e Mar de Fíos.

Mostra de encaixes tradicionais e creativos (Permanecerá tamén aberta ó público o domingo 9, de 11 a 14 h)

No salón de actos ás 19:00 h.

Mesa redonda arredor do encaixe de palillos na que intervirán:

Mariña Regueiro que tratará sobre o encaixe e a pintura a través dos fondos do Museo; Mario Gallego, que se centrará nas palilleiras de Pontevedra e o papel do home en relación a esta artesanía; Esperanza Marín, que falará acerca do oficio tradicional do encaixe de palillos en mans das mulleres e Ana Rosa Lista que falará do encaixe creativo e da mestura de tradición e modernidade.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra