Novas datas das conferencias sobre mulleres artistas

Actualizado 25/03/2014 08:54

museo de pontevedra

Dentro do festival Miradas de Mujeres 2014 celébrase no Museo un ciclo de conferencias sobre mulleres artistas no que interveñen Elena Colmeiro, escultora, Almudena Fernández Fariña, artista e profesora da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, e Beatriz De San Ildefonso Rodríguez, conservadora do Museo.

27 de marzo

Elena Colmeiro

“Elena Colmeiro e as artistas da súa xeración. A súa experiencia persoal”

28 de marzo

Almudena Fernández Fariña

“A miña obra e as artistas da miña xeración. A miña experiencia persoal”

3 de abril

Beatriz de San Ildefonso

“Mulleres artistas na colección do Museo de Pontevedra”

Todas estas actividades realízanse no salón de actos do Sexto Edificio ás 20 h

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra