Exposición Elena Colmeiro. Sen título.

Actualizado 04/04/2014 09:25

museo de pontevedra

Esta exposición está formada por 47 obras de Elena Colmeiro (Silleda, Pontevedra, 1932) realizadas desde finais dos anos sesenta ata a actualidade.

Nela apréciase como a artista loita por conseguir que a cerámica se converta nun máis dos materiais escultóricos, desvinculándoa do seu tradicional uso utilitario.

Tamén se pode apreciar nas súas obras o papel fundamental que ten xogado a súa fascinación polas fábricas, os materiais industriais, os cemiterios de refugallos, os crisois… todo ese mundo proporciónalle formas e cores. O material refractario, o carbono de silicio ou o ladrillo sérvenlle para poder expresar as ideas que xorden na súa cabeza. A valoración do fragmento que fora rexeitado, tanto de material industrial como de pezas cerámicas súas, adquiren un novo significado ao seren introducidas en novas obras e reiteran a súa idea de acumulación constante de experiencias.

Os últimos traballos descobren as formas que estaban ocultas nos elementos da natureza, como raíces ou árbores.

A mostra pódese visitar no Sexto Edificio, ata o 4 de maio. A inauguración terá lugar o venres 4 de abril ás 20 h.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra